REMATA CON ÉXITO A CAMPAÑA DO DÍA DO PAI
- Os rexistros na web da ABE aumentaron un 50% durante os días da campaña
- Regaláronse mais de 2000 puntos aos clientes para cambiar por vales de compra ou agasallos.
- Conseguiuse pasar da barreira dos 10.000 tíckets rexistrados e dos 1563 usuarios
Boiro 21 de marzo de 2023
Este pasado domingo finalizaba a campaña con motivo do día do pai que tiña como obxectivos premiar a fidelidade dos clientes e promocionar as vendas nos negocios asociados nesta data tan sinalada.
Nesta ocasión os clientes que realizaron as súas compras entre o 13 e o 19 de marzo e rexistraron os seus tíckets e/ou facturas en www.abe.gal acumularon o dobre de puntos para cambiar polos premios do catálogo que inclúen tamén bonos ABE para mercar nos negocios asociados.
En total foron 512 rexistros en 7 días o que supón un incremento do 50% sobre a media de rexistros das anteriores semanas e regaláronse mais de 2.000 puntos extra.
Con esta campaña conseguiuse superar a barreira dos 10.000 tíckets rexistrados dende que en decembro a ABE estreara este novidoso sistema de fidelizacion, concretamente son 10.222 rexistros correspondentes a 1.563 clientes diferentes, récord tamén.
Recordar que durante todo o ano os clientes dos negocios asociados poden rexistrar tíckets e facturas e acumular puntos para cambiar por bonos ABE ou agasallos e que eses rexistros tamén valen para participar en sorteos de premios e/ou campañas como a do dia do pai.